A maioría das prantas con flor dependen dun vector que transfira o pole ás estruturas reprodutivas femininas, para producir foitos e sementes. A evolución deste mecanismo de transferencia do pole déixanos múltiples formas de conseguir o obxectivo da reprodución.
No vídeo trátase de explicar en que consiste a polinización (transferencia de pole dende as anteras ao estigma) explicando como funcionan os tres tipos máis comúns de polinización (Autopolinización, polinización cruzada por vento -anemófila- e polinización cruzada por abellas -entomófila-) e que consecuencias ten a “elección” pola pranta de cada unha de elas).
Este vídeo conta co apoio do Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, para a producción de contidos audiovisuais docentes en galego.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…