00:00
1010
More
See all Show me
56. Correlingua 2010
1 year ago
51. 45.000 rapaces participarán na edición 2010 do cor…
1 year ago
45. 8 de marzo
1 year ago
40. O Plan Colombia
1 year ago
As carreiras pola lingua comezarán o día 3 de maio en Compostela e rematarán en Vigo o 14, percorrendo 14 comarcas galegas baixo o lema “Galego: a forza do noso amor”.

Presentouse en Santiago a edición 2010 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos en que ten lugar a actividade, representados no acto de presentación polos Concellos da Coruña e Ourense. As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Trátase de darlle protagonismo social e voz ao sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega e que debe ter un papel activo no mesmo.

Para este ano acordouse que o lema das carreiras fose “Galego: a forza do noso amor”, nunha clara referencia ao autor homenaxeado este ano, Uxío Novoneyra, un poeta comprometido coa súa lingua e a súa cultura, que nos deixou un legado extraordinario a través da súa obra e do seu exemplo de compromiso co idioma.
No acto de entrega de premios, o Secretario Xeral da CIG-Ensino e co-organizadora do Correlingua, Anxo Louzao, agradeceu o profesorado a dedicación e o esforzo na colaboración co Correlingua, e tamén lle agradceu ás institucións colaboradoras que continúan apoiando o proxecto.
Ermitas Valencia, concelleira de normalización lingüística da Coruña, destacou a importancia da implicación dos organizadores e dos participantes facendo visíbel nas rúas estes traballo e a reivindicación de vivirmos en galego.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón felicitou os mozos e mozas presentes pola súa defensa activa da lingua animándoos a continuar e sinalando que esta actividade de normalización xa non conta coa colaboración dalgunhas das institucións ás que lles corresponde a promoción do idioma.

Na presentación de hoxe, entregáronse tamén os premios dos concursos de Manifesto do Correlingua 2010 e de Banda deseñada que recaeron IES Porta da Auga de Ribadeo e CPI Bergantiños de Carballo, respectivamente, resultando finalistas IES Xoán Montes de Lugo e CPI de Pontecesures. Os gañadores e os finalistas recibiron como premio a participación no Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos e os movementos de renovacións pedagóxica, como a AS-PG e que consistirá nunha viaxe de dous dias a Allariz e ás Fragas do Eume.

O manifesto gañador, comeza dicindo que as e os participantes na carreira son o grande equipo do Correlingua e que asumen a máxima de Manuel Antonio: “A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio”. No manifesto o alumnado declara o seu desacordo coa proposta de Decreto que limita o uso do noso idioma e declaran: “falar queremos galego, como os noso antepasados”. Neste manifesto poético non faltan as referencias a Uxío Novoneyra ou Rosalía Castro para rematar cunha exclamación final: Queremos galego na escola!

Tamén nesta edición contamos coa colaboración do colectivo Komunicando co que se puxo en marcha o Cantalingua, un concurso musical no que participan máis de 40 grupos, entre eles grupos xa coñecidos no panorama musical galego ou un centro escolar (IES Escolas Proval) que compuxeron unha peza para a ocasión. O concurso consiste en que o alumnado pode votar directamente ao grupo que lle gustaría que actuase nas festas finais do Corrlingua. E ese será precisamente o premio, actuar nas festas finais.
As festas finais contarán tamén cos espectáculos festivos e teatrais de Fantoche Baj e Chévere.


CALENDARIO CORRELINGUA:

03/05/2010 Santiago de Compostela
04/05/2010 Ourense
05/05/2010 Ribadeo
05/05/2010 Monforte de Lemas
06/05/2010 A Estrada
06/05/2010 Tomiño
07/05/2010 Ferrol
10/05/2010 Vilagarcía
10/05/2010 Rianxo
11/05/2010 Verín
11/05/2010 Pontevedra
12/05/2010 Lugo.
13/05/2010 A Coruña
14/05/2010 Vigo


TEXTO DO MANIFESTO GAÑADOR
AUTORES: GRUPO 2º DA ESO. IES PORTA DA AUGA DE RIBADEO.

Somos un grande equipo, o Equipo do Correlingua.
Os que desde A Coruña, Baixo Miño, Ferrol, Vigo, A Mariña, Pontevedra, Lugo, O Salnés, Ourense e Santiago xuntamos as nosas voces para berrar alto e forte:
 “ Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil”.
 
A nosa proposta é clara, díxonola Manuel Antonio:
“A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio”
Libraremos a batalla se libres quixermos ser
facéndolle honor ao seu lema, evitando o xenocidio.
 
Feixoo co seu “Decretazo”
pretende facernos memos
vendéndonos trilingüismo

Credits

This conversation is missing your voice. Take five seconds to join Vimeo or log in.

Advertisement

About this video

MP4
00:16:50
  • 1920x1080, 1003.45MB
  • Uploaded Thu April 15, 2010
  • Please join or log in to download

Statistics

Date Plays Comments
Totals 151 0 0
Feb 15th 0 0 0
Feb 14th 0 0 0
Feb 13th 0 0 0
Feb 12th 0 0 0
Feb 11th 1 0 0
Feb 10th 0 0 0
Feb 9th 0 0 0