More
See all Show me
45. Escoitar.org no proxecto PONTE NAS..ONDAS!
2 years ago
Video da Actividade proposta polo Colectivo Escoitar.org para o proxecto PONTE NAS..ONDAS! celebrado na Universidade de Vigo o día 6 de xuño de 2008. Nesta Audio-acción 200 nenos interpretaron unha paisaxe sonora vocal con sons do sur de Galicia e o norte de Portugal.

PARTICIPANTES

CEIP Infante Felipe de Salvaterra
IES Terra de Turonio
IES Pedras Rubias
Secundaria de Valença
IES Ricardo Mella

AGRADECEMENTOS

Xosé Manuel Rosales Noves
ProxectoTerra
Xerardo Feixó
Profesorado dos colexios (Xosé Saians, Pablo, Susana, Ana, Flori e Lourdes)


SINOPSE

Un lugar, como espazo habitado e cargado de significado, como espazo “de identidade, relacional e histórico”, está construído de memoria, e unha importante parte desa memoria, xa sexa individual ou colectiva, é o resultado da nosa escoita. Cada contorna e cada situación -pero tamén cada acto e cada instante-, están vinculados inexorablemente a uns sons concretos que caracterízanos e identifícanos, ou individualízanos, fronte ás acústicas doutros espazos e contextos. O son que nos rodea, que nos acompaña e que producimos consciente ou inconscientemente converteuse así nunha información e nun material cada vez máis relevante para a construcción da identidade dos lugares. Neste contexto o Colectivo Escoitar.org, adicado dende hai dous anos á configuración dunha cartografía sonora do territorio galego, propuxo unha estratexia que nos permitiu asumir a complexidade sonora da nosa realidade, comprender en que medida o son infórmanos dun lugar para, dende o oído, elaborar novas formas de coñecemento e de expresión que eviten o silencio e a frontalidade co fin de permitir outras cartografías sensibles. Todo iso a través deste evento público, espectacular, divertido no que participaron máis de dous centos de nenos de varios colexios de Galicia e o norte de Portugal, a intención desta actividade foi familiarizarse cos sons que nos rodean realizando unha escoita atenta e comprensiva. Comprender de que xeito os sons forman parte da nosa vida e da nosa cultura establecendo vínculos máis alá das demarcacións territoriáis.


A ACTIVIDADE

A finalidade desta proposta, centrada na importancia da escoita e dos sons para a configuración da identidade do territorio, materializouse nas seguines intervencións (30 minutos de emisión en total):

1.- Intervención lúdico-didáctica sobre algúns aspectos relacionados coa escoita, o son e as paisaxes sonoras. Enfocado como un xogo para a radio no que se emitiron paisaxes sonoras de algúns países e outros sons radiofónicos (onomatopeias, imitacións de sons da naturaleza, etc.).

2.-Interpretación dunha paisaxe sonora vocal entre todos os asistentes ó evento, esta paisaxe, previamente montada por Escoitar.org, contiña sons de Galicia e o norte de Portugal. Con este fin facilítáronse unha serie de actividades e exemplos previos que permitiron a comprensión e a valoración ambiental co fin de compartir unha experiencia de creación sonora. Entender a expresión musical como un xogo a partir dunha escoita creativa. A paisaxe sonora final foi cantada e interpretada en formato coral (polos nenos que participen no evento da Universidade de Vigo), e emitida en directo pola radio.

escoitar.org
artesonoro.org
mediateletipos.net
longina.com
unruidosecreto.net
This conversation is missing your voice. Take five seconds to join Vimeo or log in.

Advertisement

2 Related collections

Statistics

  •  
    plays
    likes
    comments
  • Total
    plays 73
    likes 0
    comments 0
  • Dec 31st
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 30th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 29th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 28th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 27th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 26th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 25th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
  • Dec 24th
    plays 0
    likes 0
    comments 0
Previous Week

Downloads

Please join Vimeo or log in to download the original file. It only takes a few seconds.