auto(ff)control: concerto para 7 poemas, piano preparado e xoguetes.
Membro da comunidade de arte e acción livre Alg-a, da Orquestra d Música Espontánea d
Galicia OMEGA e da comunidade audiovisual Olholivre. Activo membro da escena
experimental sonora galega, acaba de editar con Non Ou edicións o seu último poemario
“Licenciado en Humano”, unha mistura de textos e composicións para piano preparado
coa que amosa un universo sonoro fortemente influido pola súa experiencia no mundo da
electrónica, e no cal o seu xeito de compoñer-improvisar inspírase nalgúns processos
algorítmicos e aleatorios propios da síntese xenerativa dixital, abordados eiquí dende un
punto de vista “analóxico” ou acústico. Neste caso, non é a máquina a que imita ao ser
humano, senón á inversa.
Utiliza todo tipo de artefactos reciclados (xoguetes, ventiladores, moedas, pinzas,
plásticos, tubos, etc) para aproveitar o inmenso potencial sonoro e tecnolóxico do piano,
o cal aporta tamén elementos interesantes a nivel escenográfico e visual.