Mensaxe de Oscar Pereiro na campaña LIBRE DE ALCOL, LIBRE DE PREOCUPACIÓNS da Xunta de Galicia.
Esta iniciativa pretende promover a condución segura sen alcol entre a xente xove, asi a conselleira Beatriz Mato anunciou a intención do goberno galego de que os empregados dos locais de ocio nocturno porten os signos da campaña e despidan a noite co tema "Flores en la carretera" de Jabon Blue. A canción proposta trata dun xoven morto nun accidente de tráfico e servirá como himno da campaña este ano.
No videoclip de JabonBlue (banda sonora da campaña), participan os actores Manuel Manquiña e Susana Sanpedro, e contou cos arranxos musicais de Luis Cobos, repartirase nun total de 10.000 copias de CD-DVD que se distribuirán entre as asociacións xuvenis, universidades e colexios.
Esta campaña reuniu tamén os testemuños de Luis Iglesia, Diana Nogueira Iolanda Castaño, Oscar Pereito, Luis Zahera, Alberto Meira, Pedro Alonso, Manuel Manquiña, Antonio Durán "Morris", Xosé Touriñán, Rosa Cedrón, Sergio Vallejo, Nicolás Pastoriza, Iván Ferreiro, Julián Hernández e Roberto Vilar.