Fronte a psicanálise que acredita o instinto de morte como forza-impulso natural, cosmoxenético incluso, Eros & Thanatos; para a esquizoanálise todo isto é máis ben conto. Que hai no grado cero de intensidade, no mínimun do(s) corpo(s) sen órganos? Pois antes que nada iso: intensidade, latencia, potencia, desexos larvarios. Ainda que sexa como pequenos impulsos, tendencias, devires implícitos, a nada é TODO isto. Non hai morte como fin, senón que no máis profundo, inerte, inorgánico de nós, hai tamén, pequenas partículas desexantes, de pura enerxía. Materia & Enerxía.