“Presente na escuridade”: en Light Reading trátase de recuperar a presencia, perdida como muller nunha tradición patriarcal (“a presenza do pasado non pasado”). “Os sons [as palabras, a súa voz] estiveron sempre detrás / detrás nas profundidades da sua mente”: só fai falta sacar esa voz á luz, mais o camiño é difícil: “esbarando entre as sombras da historia [patriarcal] non podía chegar a si mesma”. As “imaxes perdidas de vista” cobran corpo como pantalla negra. Esta ausencia de imaxe representa a súa negación a ser vista como obxecto, a súa reivindicación como suxeito con voz (“non a miraremos senón que a escoitaremos”). Como no cinema de Gidal, non se pode representar o corpo feminino. A película é un intento de a muller convertirse en suxeito: a imaxe da muller só aparece fugazmente (igual que a narración, igual que o texto, alusivo, connotativo) para evitar convertirse unha vez máis en obxecto da mirada masculina. (A. Pagán)

more info: albertepagan.eu/introducion4/#rhodes

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…