Humanizar a rede, saber tecer redes que nos axuden a non abandonar e saír fortalecidos ante as frustracións de aprender dende o virtual, as veces, con ese sentimento de soidade. Aprender a empregar o sentido do humor , os valores do xogo como potenciadores neurodidácticos. Os parámetros TRIFOR garanten un bo acompañamento. Acompañar, ser empático e asertivo para establecer unha boa comunicación a través da rede serán os retos a compartir e reflexionar nesta sesión.
Anna Forés Miravalles, Universitat de Barcelona, Departamento Didáctica e Organización Educativa.
Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación e Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Barcelona. Os seus ámbitos de traballo son a didáctica, a educación social, resiliencia e o e-learning. Actualmente é delegada da decana en temas de doutorado da Facultade de Pedagoxía da UB e coordinadora da universidade da experiencia "Educación e Sociedade". Membro do grupo de investigación consolidado GR-EMA (entorno e materiais para o aprendizaxe) do ICE da UB, e do grupo consolidado de Innovación INDAGA'T Grupo de Innovación Docente para favorecer a Indagación.
Entre as súas publicacións, destacan : 'La didáctica universitaria en entornos virtuales de enseñanza y aprendizaje', 'E-mociones: comunicar y educar a través de la red', 'La Resiliencia. Crecer desde la adversidad', 'La asertividad. Para gente extraordinaria' e 'La Neurodidáctica. Aprender desde, en y para la vida'