Desde o principio dos tempos os homes e as mulleres asentados na Costa da Morte xa se enfrontaban ao mar coas mans baleiras para recoller mariscos. Así o acreditan os abondosos restos arqueolóxicos rexistrados, por exemplo, no castro da cidá en Cabana de Bergantiños. Daquela até hoxe pouco mudou. Apenas coas mans baleiras, ferrada, mandileta, e traxes de neopreno, se cadra unha corda para se atar ou un troeiro, acoden hoxe os percebeiros e percebeiras ás mellores pedras da nosa costa para sachar os prezados crustáceos. Escoller e clasificar, levar á lonxa e, por fin, aos mercados e restaurantes de todo o país e ás mesas privilexiadas que saiban e poidan degustar este manxar sublime.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…