- Título: Os novos non deben namorarse
- Artista: Maestro Reverendo e a súa Orquestra Antabús (Julián Hernández / Ángel Muñoz-Alonso)
- Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)
------------
- Letra:
Non te namores da profesora,
nin te namores do profesor,
que o aprobado non ten que ver
co estado actual do teu corazón
Cos libros na man e os ollos para baixo,
cando entres na aula ten educación:
desengano amoroso ou fracaso escolar;
no ensino non cabe esta forte paixón.
Escoita o consello dun vello que di
que os novos non deben namorarse
do mestre de mate, da xefa de estudos:
hai que deixar fóra tanto romance.
Pero se o obxecto da túa inquedanza
suspéndete logo no exame final,
pensa que tes que recuperar
que aínda vas ver o que resta do verán.
Non, non, non,
os novos non, non, non,
non deben non, non, non,
namorarse non.
Non deben non, non, non,
namorarse non,
non, non, non, non.
Se o teu amor declárase antes
pensa, meu fillo, que iso é ilegal;
o teu amor sempre foi tan puro
e o seu é perverso, noxento e fatal!
Non, non, non,
os novos non, non, non,
non deben non, non, non,
namorarse non.
Non deben non, non, non,
namorarse non,
non, non, non, non.