O mar é un. Algúns dos pais dos nosos compañeiros proceden de Perú, de Ilo, en Moquegua. Son mariñeiros. Teo Coari accedeu a levar ao traballo a nosa camariña. Nunca filmara nada. A naturalidade, a delicadeza da súa mirada, decidiunos, despois de moitas probas de montaxe, a deixar o vídeo case como veu do mar.
Citamos no son unha canción de Lamatumbá sobre o traballo do mar, e unha canción de amor de aCadaCanto, que fala do destino, do mar e da distancia. Podedes ver as súas webs lamatumba.com/ e musicasdesalitre.com/
O vídeo forma parte dunha serie de tres sobre o mar en Portosín.
SonCine é unha actividade educativa no IES de Porto do Son.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…