Os proxectos documentais integrados (PDI) son unha forma de traballo que permiten transformar a información en coñecemento e onde a biblioteca escolar se convirte nun centro de recursos que posibilita desenvolvelo. Para espertar o interés pola arte, no IES da Fonsagrada fixemos unha recreación de cadros de distintos períodos artísticos, con personaxes de carne e óso, que van dende o Renacemento á Idade Contemporánea. O que se trata é que o alumnado realice unha investigación na que participen diversos departamentos didácticos, sobre os cadros reproducidos, os pintores e a súa época , buscando fontes de información, clasificándoa, procesándoa e comunicando dita información. Resumindo:este vídeo é un xeito de provocar a curiosidade pero tamén un recurso audiovisual para o coñecemento. A elaboración do recurso foi feita ao longo do actual curso académico e o desenvolvemento do PDI levarase a cabo no vindeiro.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…