Miramos sen ver
É fácil camiñar
obviando
aquela que acostuma a provocar
aquela que chama por máis violencia
aquela que sabe xerar impotencia
aquela que acabará cun só
final.

Miramos sen ver
Pero está aquí, aí, alí,
derredor,
móvese canda nós
non nos deixa fuxir.
Non hai tapices para agochala,
alento das pegadas.

Respiramos a delincuencia
daquel que mata por amor
(por posesión)

Buscamos outros tempos do verbo amar.
Non hai verbos compostos,
rimas imposibles de palabras erráticas,
silencios sonoros de bágoas roubadas.
A arte de vida do finximento.
O silencio das pontes chega ata o mar do esquenzo.

Música: "Miel" Zoé

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…