Alumnado e profesorado do Máster en Arte Contemporánea poñen en marcha un percorrido artístico polos lugares máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, unha mostra itinerante que comeza na Facultade de Belas Artes, remata no Pazo da Cultura e que se poderá contemplar nas rúas de Pontevedra ata o domingo 2 de decembro.

O proxecto expositivo, comisariado por Eugenia Suárez e María Prada, levarase a cabo en espazos comerciais e referentes da cidade e contempla unha grande variedade de propostas afíns á personalidade de cada artista entre as que non faltará representación de Esdemga, Estudos en Deseño e Moda Téxtil de Galiza, da man de Eva Soto que presentará un deseño inspirado na técnica da papiroflexia. Tras o arranque na Facultade de Belas Artes, o primeira parada “artística” terá lugar na Casa das Campás da man de Iñaky Pérez; Carnaby acollerá a segunda intervención “neste mapa expresivo” cunha intervención de Ana Seoane; a seguinte obra da ruta é a de Nuria Bouzas en Ultramarinos El Cisne para continuar na Ferretería Galega grazas ao enxeño de José Luis Bueno; o profesor Nono Bandera compartirá a súa visión profesional en La Casa Winchester; Eva Soto na Fábrica Vintage; a Librería Cao dará acubillo á creatividade de Leticia Gómez e o Arco de Méndez Núñez á de Fernanda Llovo; Paula Naya intervirá en Curtidos Queiro, para rematar o percorrido coas propostas de Igancio Pérez-Jofre na cafetería El Escritor e de Santiago Novas na rúa Serra.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…