BUDIÑO - SOTAQUE
budiño.com

SO a posición xa...
A postura. O sotaque corporal, ese erguérse no palco que ten de seu o gaiteiro. Ese aqui estou eu.

Algo ten cando os irlandeses, derrotados, foron obrigados polos veciños vencedores a tocar sentados. Amoláballes. Algo ten que ter. Esa fachenda.
Budiño tena. Ten planta, chantado ali.
Budiño é libre. Ao seu, co seu SOTAQUE, el ao seu...

Ergue a testa, albisca ao lonxe e fixa o rumbo.
A por eles! dixo o Budi Barbarroxa, O'Budi
A por eles! Sen medo!
Iso é SOTAQUE. Budiño encabezando un exército percutivo á conquista do mundo.

Toda a percusión está aí, tocada, suada, pulida en Lisboa.
Que eles, coma nós, tamén saben de coiros...
E de caciques.

Budiño en Libertá, en Celso Emilio, en Luis Tosar. Tremendo!

TA. Xastá. Budiño lanzándose desde o cantil ao mar. Si ou si.
O Mundo é moi ghrande.A navegar! Polas redes e os aeroportos. Botar nasas. Exportar.
Nada novo para Budi.

E os títulos deste SOTAQUE:
Serán de Maias, Chal Indiano, Bica na Baiuca, Nubeiros e Tronantes....

A muiñeira que da nome ó disco vai perfumada co SOTAQUE da flauta máxica de Michael McGoldrick dende Manchester.

QUE dicir de António Zambujo, desa voz conmovedora...
Da súa dúbida sobre o noso acento nace o título do disco.

Ese SOTAQUE tamén tradicional, impecable dos Cantareiros de O Fiadeiro, xa imaxinamos o baile...

Paulo Borges enriquecendo de cordas a electrónica, sintetizando o vento, dominando o temporal desatado, a cicloxénese que Budiño plantexa neste novo disco. Mar de ritmos. Hip-nose!

SOTAQUE Budiño ao contraataque! Mételle trunfo, rapás!
Budiño maduro, máis duro tamén. Mais sabio, sen dúbida.
A por eles! Sen medo!

O SOTAQUE de BUDIÑO.
“Carlos Blanco”

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…