Este audiovisual forma parte da campaña de sensibilización social RECICLA O XÉNERO, SEN VIOLENCIA MÁIS FELICES deseñada e realizada por DELOGA para a Concellería de igualdade, benestar social, sanidade e educación do Concello de Cambre (A Coruña) durante os meses de outubro e novembro de 2013.
O audiovisual mostra un domingo do mes de novembro na feira de Cambre, onde a iniciativa RECICLA O XÉNERO fai que os temas de conversa xiren en torno á violencia machista. Foron moitas as persoas que se sumaron a esta iniciativa; unhas bailararon o rap RECICLA O XÉNERO, outras achegáronse ao PUNTO LIMPO de reciclaxe de xénero para someter "residuos machistas" e outras, compartiron os seus pensamentos, pero todas, expresaron o seu rexeitamento da violencia
Con esta campaña procurouse rachar cos estereotipos, prexuizos e actividades discriminatorias que xustifican e sosteñen a violencia machista na nosa sociedade, procurando o fomento dos valores apoiados na equidade de xénero e a non violencia.
Musica por:
1) FLOOK // Tema: Granny in the Attic // Album: Rubai // flook.co.uk
2) BIG HOZONE // Tema: Ni de ellos ni de ellas // myspace.com/bighozone

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…