Temos claro que o desafío presente é o de experimentar, discutir, xuntarnos e abrir o campo político. Hai quen di que a desobediencia, especialmente como vangarda, non é máis ca unha chantaxe social. Concordaremos que a desobediencia civil cando é unha ferramenta colectiva é unha poderosísima arma política. Nos anos 70 nas fábricas, nos 80 no movemento veciñal, nos 90 na insubmisión, e, hoxe en día, contra os desafiuzamentos, atopamos que nos conflitos é cando nos atopamos máis fortes, máis xuntos e máis iguais, cando as familias políticas desdebuxan as súas diferenzas.

Neste país temos unha historia nese sentido, a esquerda política e social nutriuse nos últimos 30 anos de mobilización e de diferentes iniciativas de desobediencia civil como as loitas nas Encrobas, en Xove, ou, máis recentemente, loitas como Galiza non se vende ou Nunca Máis.

Se falamos de desobediencia e alternativas políticas e sociais teremos que falar tamén do papel dos partidos, das esquerdas representatitvas, e como, en moitas casos, mais que ferramentas para popularizar a desobediencia funcionaron como ferramentas para construír orde e obediencia tanto dentro da base militante como na sociedade civil.

Despois dunha vaga de desobediencia cal é o reto que nos atopamos? Construír unha alternativa social e política na que o desafío fundamental é como construír e ampliar o poder social.

Para falar de todo isto temos a catro convidados:

Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova.
Quim Arrufat, politólogo e deputado das CUP no Parlamento catalán.
Vera Cruz Montoto, xornalista e activista social.
Rubem Centeno, activista queer.

Xuntas. Sen ánimo de lucro. En código aberto e baixo licenzas libres. Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.

galizaanocero.tv

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…