00:00
148
More
See all Show me
Como celebración dos 100 anos do 8 de marzo “Día internacional das mulleres” diferentes colectivos, organizacións e mulleres individuais pertencentes ao movemento feminista da Coruña quixemos organizar unha festa popular aberta a participación de toda a sociedade.

O día comezará ás 12 da mañá na Praza das Conchiñas coa decoración da rúa Barcelona e esquina coa rúa Corcubión, e coa distribución de convites para todas as veciñas da zona.

Ao longo do día terán lugar diferentes actividades, performances, e exposicións que tratarán de reflectir sobre as causas e consecuencias das reivindicacións das mulleres, os logros atinxidos durante toda unha vida de loita, e as expectativas coas que encaramos o presente e o futuro as feministas de hoxe en día. Finalizaremos a xornada compartindo o manifesto conxunto con todas as presentes ás 8 e media da tarde.

Todas e todos estades convidadas a participar axudando nas diferentes tarefas, soprando as veas da tarta de celebración, pedindo desexos para o futuro, e aportando as vosas propias experiencias e reflexións, construíndo entre todas e para todas unha realidade chea de esperanza, de forza e sobre todo de felicidade.

Somos certas de que a loita feminista é a loita desde a perspectiva das mulleres, unha perspectiva que desde os seus inicios foi solidaria coas desigualdades, fosen estas por cuestión de raza, nacionalidade, identidade sexual ou liberdade ideolóxica, co fin de construír desde a base unha sociedade mais xusta e libre para todas e para todos.

Felices 100 anos, e moitos mais!!!


*celebramos:

*Acsur Galiza

*Cafés feministas

*COmisión de xénero da coord. galega de ONGDS

*Marcha Mundial das Mulleres da Coruña

*MUlleres DEportistas GAlegas

*Nomepisesofreghao

*Recdeiras

*maribolheras precárias

*Trocamundo
This conversation is missing your voice. Take five seconds to join Vimeo or log in.

Advertisement

About this video

MP4
00:02:28
  • 640x512, 6.64MB
  • Uploaded Wed March 03, 2010
  • Please join or log in to download

Statistics

Date Plays Comments
Totals 564 1 0
Feb 15th 0 0 0
Feb 14th 0 0 0
Feb 13th 0 0 0
Feb 12th 0 0 0
Feb 11th 0 0 0
Feb 10th 0 0 0
Feb 9th 0 0 0