A rede das augas e a rede dos sons. O Río Maior desde as fontes, os afluentes, os escorros ata a morre na Praia do Dique. O son da auga e a música que interpreta Eliot, que leva dentro a música nosa, coma un río. Unha cámara de fotos de 200 euros, e un trípode de 20, sen paraventos. Desculpade o audio. Non se pode máis co que temos.
A rede das augas e a rede dos sons. O Río Maior desde as fontes, os afluentes, os escorros ata a morre na Praia do Dique. O son da auga e a música que interpreta Eliot, que leva dentro a música nosa, coma un río. Unha cámara de fotos de 200 euros, e un trípode de 20, sen paraventos. Desculpade o audio. Non se pode máis co que temos.
Por terras de Tarrío e o río Pateleiro, (afluente do río Maior que morre na Praia do Dique). Empezamos a colgar as nosas peciñas de vídeo, É o que hai. Resulta asombroso cantos regatos, cantos recantos, como conserva a beleza este maltratado país. Cos medios que temos en 3º de ESO, (unha cámara de fotos de 200 euros, e un trípode de 20), aínda imos safando. Ríos, regos, fontes.. xogar coa auga. O noso agradecemento aos avós.
Rebrincan os arroás diante dos nosos ollos. A beleza do mundo nas mans... pero o sargassum muticum, alga invasora aí impedindo a diversidade da vida: + info aquí http://sargassum.es/invasions.html
Tiñamos unha débeda coa praia de Cabeiro: a praia do noso IES, a praia de noso. Foi boa de pagar grazas a Antón, a Xulio e a Lucía do departamento de Cencias da Natureza e ao alumnado de 3º de SonCine e aos de 5º A que fixeron as fotos para un seu traballo. Escoitando a Antón dan ganas de ser outra vez un rapaz para ir á escola. Algúns mandaríns din que non traballamos; non ho!. A nosa ilusión sería que fose útil noutras escolas. "O MEU SON" é un proxecto de SonCine, dos alumnos de audiovisuais de 3º de ESO do IES de Porto do Son.
Non será o último deste curso 2010-2011, pero neste vídeo hai algo de despedida de verán ao proxecto e aos traballos de SonCine(ata setembro que rodaremos unha curta: "Sen ti"): agárdannos unhas merecidas vacacións. Grazas a tod@s por estar aí. TERRA A NOSA!!! "O MEU SON" é un proxecto de SonCine. Os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO de Porto do Son levan unha cámara PANASONIC/LUMIX/DMC-TZ10 para casa e filman o seu lugar preferido.
Discursos na entrega do XII Premio Leixaprén a Manolo González, no entorno do Encontro do Audiovisual Escolar Galego. Sede indulxentes coa calidade da imaxe e do audio: os medios de produción son os que son nos IES.
De parte de SonCine, aos 200 mozos e mozas, aos 30 docentes, aos profesionais do cine, ao Concello do Son, que estivestes alí o día 27-05-2011; e a ti Manolo, á volta de tantos camiños e ao comezo de moitos máis, o noso agradecemento.
Cinema, entusiasmo e apertas para tod@s vós.
Just think about it… What if you were trapped under something heavy and the mouse was out of your reach? Scary, right? That's exactly why we have these keyboard shortcuts so you can still use Vimeo until the help arrives.