-
20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais aproxímannos á memoria histórica da lingua galega. Unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas achegámonos ao pasado máis recente da lingua galega e tamén á situación actual que está a vivir. Duración: 36'46'' As Candongas do Quirombo. Agosto - Outubro…
-
30-xaneiro-2010. Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010. Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) remata a súa ponencia. Podedes ver aquí un extracto do debate posterior. Unha cansa indignación nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega.
-
Manifestación en Santiago de Compostela. Folga Xeral no ensino non universitario. Día 21 de xaneiro, 2010. Convoca "Queremos Galego". Ducias de organizacións e ducias de miles de manifestantes expresan o seu desacordo, o seu NON á política lingüística do goberno de Núñez Feijoo, o seu compromiso, a súa lealdade co idioma galego e con Galicia. Vinte10, (a canle de vídeos do Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son) está alí.
Os que me gustan
Recompilación de vídeos que me gustan.
Browse This Channel
More stuff from “Os que me gustan”
Shout Box
Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels. ![]()


