é unha curta de medo / morre ata o apuntador / o profe di que cando matas a un personaxe é que non sabes que facer con el / fixémola rapaces de 3º de ESO / o profesor di que o que importa é facer; que se non fas é como se non non soubeses; el di: saber é unha acción; e berramos acción canto quixemos / tamén di que o resultado é importante pero que moito máis o son os riscos que asumes e o que aprendes dos erros / se o mira por aí imos levar unha nota moi alta porque erros hai a mancheas / quizais por iso o puxemos (ao profe) nesta curta de profesor... fantasma / etc

Un profesor atrapado na memoria da súa filla morta(X. Manuel Olveira "Pico") + unha alumna no seu último día de clase (Antía Maneiro) = MAR. Unha curta que contrapón a obsesión da memoria e a vida; quizais unha curta sobre a necesidade de esquecer. O guión e todo o demais, é obra do cambiante colectivo SonCine: profesionais con alumnos de terceiro de ESO e profesores do IES de Porto do Son. SonCine demostra ano a ano que é posible a produción audiovisual nas aulas dun IES. Que é unha demanda e que é unha das mellores escolas de vida.
Nico é un rapaz normal... que vive dentro dun mal soño. Uns compañeiros fanlle a vida imposible. Vivir, para Nico, non é doado: seu pai, mariñeiro, pasa a vida no mar, apenas o ve; súa nai, chega de noite de traballar, apenas teñen tempo para eles dous.
Chega tarde á clase, non quere atoparse con ninguén, só cunha rapaza, Laura, a única que o une á vida.
O vídeo orixinal (e oficial) está en: http://video.google.com/videoplay?docid=-1990875795714920751
esta só é unha copia por conta allea, respectando os créditos, e aproveitando a calidade que ofrece o Vimeo (naquel momento, o equipo de SonCine non estimara poñer a curta neste servizo).
O soño dun guionista medio tolo; ou a tolería dun guionista soñado; ou o guión dun soño entolecido. Quen sabe? A ilusión de crear e compartir traballos colectivos, pobres e auténticos.
Just think about it… What if you were trapped under something heavy and the mouse was out of your reach? Scary, right? That's exactly why we have these keyboard shortcuts so you can still use Vimeo until the help arrives.