encontro de audiovisual escolar galego / A seca. Praia de Cabeiro.
Rebrincan os arroás diante dos nosos ollos. A beleza do mundo nas mans... pero o sargassum muticum, alga invasora aí impedindo a diversidade da vida: + info aquí sargassum.es/invasions.html
Tiñamos unha débeda coa praia de Cabeiro: a praia do noso IES, a praia de noso. Foi boa de pagar grazas a Antón, a Xulio e a Lucía do departamento de Cencias da Natureza e ao alumnado de 3º de SonCine e aos de 5º A que fixeron as fotos para un seu traballo. Escoitando a Antón dan ganas de ser outra vez un rapaz para ir á escola. Algúns mandaríns din que non traballamos; non ho!. A nosa ilusión sería que fose útil noutras escolas. "O MEU SON" é un proxecto de SonCine, dos alumnos de audiovisuais de 3º de ESO do IES de Porto do Son.