Najla Shami

Joined
Compostela

User Stats

Profile Images

User Bio

NAJLA SHAMI
Cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, creceu entre Galiza e Kuwait. Interesada pola música desde a infancia, comeza a estudar e cantar con 9 anos, facendo parte de diversos coros polifónicos e formacións de música tradicional galega. Nesa altura crea as súas primeiras cancións, mais é aos 17 anos, idade á que empeza a tocar a guitarra, cando as súas composicións viran máis persoais e a súa voz vese influenciada por estilos coma o jazz, funk e world music.

En 1997 decide estudar música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países coma Noruega, EUA, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España. Entre 2003 e 2011 colabora na publicación de diversos traballos: The past to come (Enterphonics, 2003), coa banda de acid-jazz Cinnamon Gum; Ben Deitei (Ouvirmos, 2010), coa Safari Orquestra; e Haikus (Inquedanzas Sonoras, 2011), con Lobalú, entre outros.

Gradualmente incorpora novas influencias na súa linguaxe, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz, e imprimen unha profunda pegada na súa evolución. Desta nova etapa xurde a colaboración co multi- instrumentista Sérgio Tannus no álbum Son Brasilego (Fol Música, 2012), a gravación do libro-disco e documental CoraSons (Kalandraka, 2013) e a participación
en festivais como “Estou Lá, Festival da Lusofonía” ou “Terra da Fraternidade, Homenaxe a Zeca Afonso”.

Xullo é o mes de lanzamento da súa estrea en solitario, o libro-disco Na lingua que eu falo (Galaxia, 2013), no que afonda na obra da escritora Rosalía de Castro. Unha selección de dez temas que reúne sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra. Un traballo no que a compositora galego-palestina procura o diálogo entre as súas orixes e as súas referencias actuais.

*****

Najla Shami is a singer and songwriter who was born in Compostela. She is the daughter of three cultures: Palestinian, Galician and Argentinian and she grew up between Galicia (Spain) and Kuwait. She became interested in music since her childhood and began studying and singing when she was 9. She also took part in
different polyphonic choirs and Galician folk bands. It was then when she composed her first songs. However, it was when she was 17 and learnt to play the guitar that her songs turned into a more personal style and her voice was influenced by different styles such as jazz, funk and world music.

She went on to study modern music and musical education so she could become proficient in vocal technic and its pedagogy. In order to do so she travelled to different countries such as Norway, USA, Jordan, India, England, Portugal and Spain. Between 2003 and 2011 she colaborated in different works: The past to come
(Enterphonics, 2003), Cinnamon Gum (acid-jazz band), Ben Deitei (Ouvirmos, 2010), with the Safari Orquestra; and Haikus (Inquedanzas Sonoras, 2011), with the band Lobalú.

She gradually incorporates new influences into her musical language such as Portuguese, Brasilian and African, mixing those, which have a great impact on her music, with her roots and jazz. It is at this point of her career when she colaborates with the multi-instrumentalist Sergio Tannus in the album Son Brasilego (Fol Música, 2012) and in the recording of the record-book and documentary CoraSons (Kalandraka, 2013). She also took part in festivals such as “Estou Lá, Festival da Lusofonía” or “Terra da Fraternidade, Homenaxe a Zeca Afonso".

In July she releases the record-book “Na lingua que eu falo” (Galaxia, 2013), her first work as a solo artist, an in depth look at the poems of Rosalía de Castro. 'Na lingua que eu falo' is a selection of ten songs which compiles seven poems by the Galician poetess with original music, two new creations and a revision of the classic Negra Sombra. In this work, the Galician-Palestinian songwriter Najla Shami tries to bring together her origin and her modern influences.

External Links

Following

  1. Javier Otero Neira
  2. Vincent Moon / Petites Planètes
  3. axouxerestream
  4. POETRYSLAMVIGO
  5. Culturactiva
  6. Tots Sants
  7. Tiago Pereira
  8. Dino d'Santiago
  9. Gonzalo Vázquez
  10. MPAGDP
  11. carlos peninha
  12. xavier belho