Terra e Tempo Tv Plus

Joined
Santiago de Compostela | Galiza

User Stats

Profile Images

User Bio

Presentación

A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, constitúese en xullo de 2004 como Fundación de interese galego sen ánimo de lucro, a iniciativa da Unión do Povo Galego (UPG) e cadrando coa celebración dos seus corenta anos de existencia.

A Fundación leva o nome do cofundador da UPG, Bautista Álvarez. É o recoñecemento a unha traxectoria persoal que ten na coherencia política, na fundamentación teórica contrastada e na promoción do dinamismo de diversas organizacións nacionalistas un sinal de identidade inequívoco.
A Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas visa ser un centro de documentación de referencia sobre o nacionalismo galego. A conservación dos fondos de diversas organizacións sociais a través da constitución dun Arquivo e promover o estudo e divulgación dos principios políticos e ideolóxicos do nacionalismo galego constitúen os seus eixos centrais.

External Links

Following

  1. Tabeirós Montes