Galiza Ano Cero pecha a súa primeira tempada de emisións cun debate aberto á participación do público fóra do seu espazo habitual. Gravouse na Casa Tomada (A Coruña) o pasado domingo 22 de xuño.

No marco dun convulso pero ilusionante tempo, onde o réxime de 1978, erguido sobre a chamada Transición, busca, erosionado, pecharse sobre si mesmo cun novo pacto entre elites, as dinámicas de contestación convértense en elementos centrais na paisaxe, tamén na urbana.

Cos procesos sociais locais como horizonte e cunha cita electoral no calendario, preguntámonos que dinámicas e que alianzas poden ser posibeis nunha cidade como A Coruña para crebar o continuo ideolóxico dos últimos 30 anos.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…