Curtametraxe realizada para o "Proxecto NIMBOS", serie de filmes inspirados nos poemas do libro "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.
Proxecto NIMBOS é unha iniciativa de
actodeprimavera.blogaliza.org/

CRÉDITOS
DIRECCIÓN | MONTAXE Fran X. Rodríguez
PRODUCIÓN Cristina Amigo
IMAXE Marcos Nine

Inspirado no poema
COMA UNHA ESPADA

Tódolos ríos pasan pola miña
alma, cheos de Deus, música e lapas.
Todas as pombas fan o meu amor.
A beleza fireume para sempre.

Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida e quédame chamando.
A beleza fireume para sempre.

En cada voz eu óio unha chamada
cun longo eco de adéus que non entendo,
pro que me fire coma espada ardendo.
A beleza fireume para sempre.

I as falopas dos anos van caendo
sobra sede inmortal i os ollos tristes,
pro no enterran a boca da ferida!
A beleza fireume para sempre.

"Nimbos", Xosé María Díaz Castro.
Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…