Documental en torno a catro recoñecidos escultores que residen e traballan no concello de Tomiño: Nando Álvarez, Magín Picallo, Antúnez Pousa e Xuxo Vázquez.
Dirixido por Gonzalo Lomba e con música orixinal de Gabriel Prada, o documental foi creado como acompañamento da exposición colectiva CATRO que tivo lugar en Tomiño en setembro de 2014.