Reportaxe publicitaria (hoxe chamámolas «book-trailer», producida por Edicións Xerais de Galicia en 1992, coa intención de presentar os seus novos materiais educativos para o Primeiro Ciclo de Educación Primaria. Daquela incorporábanse os primeiros currículos da LOXSE.
A peza ten unha duración de 7' 42", foi dirixida por Xulio G. Lorenzo e producida por Atlands. A canción do «Caracol» é de María Manuela e Miguel e a locución é de Queca Merino, persoas as que, dezaoitoanos despois, lembramos con moito agarimo.