Este Certame está dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia e a Federación Galega de xoieiros convocan este certame co obxectivo de impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.
Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores por xoieiros profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.
Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia: coxga.es
Federación Galega de Xoieiros: fgxoieiros.es
facebook.com/Colexio-Ofic...