video colaboración para a Revista Revirada Feminista sobre a feira feminista Laborando.
A feira tivo lugar o Sábado 26 de novembro no Mercado de San Agustiño na Coruña, e contou coa colaboración da Diputación de A Coruña, Área da muller, a Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello de A Coruña e o amadrinamento da Casa Museo Emilia Pardo Bazán
Os principais obxectivos desta iniciativa son:
Dar a coñecer os proxectos profesionais e de vida pensados desde unha perspectiva de xénero
Xerar un foro feminista para coñecérmonos, divulgar as nosas propostas e compartir experiencias, é dicir, facer networking feminista.
Coñecer a outras persoas traballando desde os feminismos para crear sinerxias, visibilizarnos e idear estratexias para mellorar as nosas condicións laborais, sociais e emocionais; para non estar sempre soas.
Poñer en valor as nosas experiencias profesionais e vitais.
PROGRAMA
10:00-11:00_café da mañá para expositoras
11:00_apertura de portas
11:00-14:00_obradoiro para crianzas
11:00-11:30_obradoiro: Roteiro “O espazo público é das mulleres”. FFOTOEDUCA
11:30-12:15_obradoiro: Speed Networking en Femenino. [NO IMPORTA]
12:15-13:00_obradoiro: “Ciberactivismo e xuventude”. QUEERAVENGERS
13:00-14:00_sesión vermú: pinchada ELECTROQUEER
14:00-16:00_peche ao público
16:00_reapertura
16:00-20:00_obradoiro para crianzas
16:00-16:45_obradoiro: Plan de Parto. FEMLEGAL
16:45-17:30_obradoiro: Visita guiada polo mercado de San Agustín en clave de xénero. OFFMUSEUM
17:30-18:15_obradoiro: “Respiración Consciente”. ROSA CILLERO
18:15-19:00_obradoiro: “Xenitarte”. SEXOLOGÍA ATLÁNTICA
19:00-19:45_obradoiro: “Educando en Igualdade á Xuventude”. LARA FUENTES ENJAMIO
20:00_peche das actividades en sesión contínua
20:00-21:00_actuación musical: FEMENINOPLURAL
21:00-22:00_Micro Aberto Feminista: trae teu talento e instrumento!
Actividades en sesión continua:
-exposición de proxectos feministas
-espazo literario
-Galería de Arte (planta baixa)
-Participa na creación do Mural Interactivo “EU SON” com TALLERDEPOLO(planta baixa)
-Proxección de audiovisuais (planta baixa)
-Espazo de crianzas para expositoras
Bar e petiscos 11:00-22:00 a cargo de LEIRALONGA
ESPAZO LITERARIO
Estarán asinando as súas obras:
12.00h Eli Rios; Marta e a píntega. CONTA-CONTOS INFANTIL
12.30h Mercedes Leobalde: Funambulistas
13.00h Dores Tembrás: Auga a través
13.30h Rebeca Baceiredo: O canto da Sibila
17.00h Andrea Barreira (Non hai luz sen escuridade) e Vanesa Santiago (Ninguén Lembra). “Obradoiro para a bruxa moderna”
17.30h Emma Pedreira: Corazón e demais tripas
18.00h Beatriz Maceda: O álbum de Garrincha. CONTA-CONTOS INFANTIL
18.30h María Reimondez: A dúbida
19.00h María Canosa: Cando cae a luz
19.30h Charo Pita: Oxalá estiveses aquí .CONTA-CONTOS INFANTIL
Organiza LIVRARIA SUÉVIA.
___________________
O grupo de Experiencias Feministas da Pardo Bazán organizou unha feira de iniciativas e proxectos persoais, laborais e sociais para colectivos, organizacións e persoas individuais a traballar especificamente ou como parte do seu traballo gobal desde a perspectiva feminista, de igualdade e contra as violencias machistas
experienciasfeministas@gmail.com