Como poñen de manifesto investigacións e praxes sobre os comúns, cada vez son menos os espazos de socialización que temos. É urxente, por tanto, poñernos a pensar e construír novos espazos nos que poder imaxinar outros escenarios que faciliten outros modos de facer e ensanchar a democracia.
O Gabinete de Imaxinación Política é o proxecto do Co-Lab que impulsou un lugar de encontro entre artistas, activistas e a propia universidade para crear en común ferramentas e dispositivos cos que dotármonos dunha maior autonomía política.