"O carro e o Home"
Antonio Román /Xaquín Lorenzo, 1940.
En 1940 o cineasta ourensán Antonio Román realizaba o filme "El hombre y el carro" con guión e produción de Xaquín Lorenzo, Xocas, e montaxe de Carlos Serrano de Osma. A película, rodada nun verán en Facós, no Concello de Lobeira de onde era Xocas, é un relato lineal da vida do carro acompasado coa vida das persoas que o usan. A narración guíanos por diferentes angueiras nas que se ocupan o carro e as xentes da aldea.
Un copión do filme, aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense e conservado no Museo do Pobo Galego que ten os dereitos da obra intelectual de Xaquín Lorenzo, serviu para que en 1980, Eloi Lozano montara unha nova versión do documental. Esta segunda versión, conta cunha locución en galego do propio Xocas, xa que a da primeira montaxe fora realizada por Carlos Serrano de Osma en 1945, xa en plena ditadura franquista.
Para saber un chisquiño máis:
culturagalega.gal/noticia.php?id=4498