Espectáculo de rúa constituído por cabezudos motorizados de apariencia ambigua (poden verse como zapatos xigantes, cíclopes, automóbiles...). As múltiples posibilidades que ofrece a motorización dos cabezudos, manipulados por personaxes clownescas, fai que nos atopemos perante un espectáculo sorprendente, áxil e de grande interrelación co público.

Sinopse:

Velocíclopes é un espectáculo conformado por varios sketchs, O propietario, Ser ou non ser e Os bos modais, onde a través da utilización dunha linguaxe plástica surrealista amósase o absurdo do comportamento humano en situacións propias da vida cotiá (a furia que aparece cando nos poñemos ao volante, o sentido da propiedade, a importancia de aparentar socialmente...).

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…