O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu os días 2, 3 e 4 de decembro de 2011 a cuarta edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia. A edición máis completa e variada da historia do Culturgal contou con máis de 75 entidades expositoras, preto de 300 profesionais e máis de 130 actividades de todas as disciplinas e para todos os públicos. O Culturgal 2011 foi un éxito, froito do esforzo compartido de todo o sector cultural galego. A consolidación dun soño compartido.

No cuarto dos nenos sucédense as actividades para o público infantil e xuvenil de xeito continuo ao longo de toda a fin de semana. Obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentacións de libros e discos... desde a apertura da feira ata o peche, non hai un momento para o aburrimento.

CRÉDITOS DO MAKING OF
dirección_ xes chapela
fotografía_ javier alonso fernández e tomás alonso
edición_ xes chapela e javier alonso fernández
produción_aupa audiovisual e nócomún

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…