Sempre quixeches ser o protagonista dun vídeo dos Resentidos, pero chegaches tarde para participar no Resentidos estamos todos (e todas)? Toleas por formar parte do concerto de volta que preparan para o 12 de maio en Ourense, pero non te enteraches a tempo de que esta era a túa oportunidade? Veña, ímosvos dar outro chance a todos (e todas) os que nos contades que cando acordastes o concurso xa non estaba alí.Como Galicia é moi Caníbal de noso señor e este ano fai, de verdade, un sol de carallo, imos ampliar o prazo para mandar fotos con estes dous versos. Só con estes versos:- Galicia Caníbal- Fai un sol de caralloXa sabedes: elixides un, escribídelo nun folio en branco e facédesvos unha foto con el... e co vestiario, a iluminación e o decorado que máis vos presten. Enviádesnos a foto a comunicacion@osresentidos.com, dádenos unha marxe pequena de tempo para que a subamos ao facebook e dicídeslles aos vosos colegas que vos voten. As máis votadas entrarán no vídeo que xa estamos comezando a montar... Ah, e como estamos de estrea e temos ganas de celebrar, entre as persoas que participastes dende o principio ata o 15 de abril sortearemos outra entrada dobre.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…