Algunhas algas microscópicas consumen enerxía para producir bioluminisciencia. No vídeo explícase a ventaxa adaptativa que este gasto enerxético supón para estes microorganismos.
As algas "Noctiluca scintillans" son depredadas por outros compoñentes do zooplancton de corpo transparente, os copépodos, que ao inxerir noctilucas vólvense tamén brillantes. De esta maneira, os copépodos vólvense moi chamativos e os seus propios depredadores (larvas de peixes) distínguenos máis doadamente. Desta forma, as noctilucas fixeron dous seus depredadores unhas alarmas para atraer axuda.
Este vídeo, presentado en HD 720p, foi creado para uso gratuito como material didáctico. Esta versión foi producida en galego co apoio da Xunta de Galicia.