Poñer cousas en orde' foron 40 días de imaxes, música, accións e palabras entre o 11 de xuño e o 20 de xullo de 2012.
O arquitecto e deseñador David Silvosa creou a escenografía dos concertos de ‘Poñer Cousas en Orde’ dentro do Almacén de NORMAL. O espacio escenográfico é unha peza máis do proxecto e pretende ofrecer unha experiencia diferente para músicos e público.
Ángel Souto experimenta, crea, arrisca. Artista e deseñador, as súas obras foron recoñecidas nacional e internacionalmente en conferencias, magazines, revistas e publicacións de deseño e arte e nos portais de deseño máis importantes de todo o mundo. Participa nesta mostra coa obra 'Homo homini lupus est'.