Recital ofrecido o pasado 25 de outubro polo poeta galego-islandés Elías Portela (ou Elías Knörr, cando se pronuncia dende o norte) na Biblioteca Pública Castelao, de Rianxo, co gallo da súa participación na Residencia de Escritoras e Escritores de Axóuxere Editora. Elías impartiu tamén un obradoiro titulado "Divorciando a Poesía". Ambos os eventos realizáronse co apoio da área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.