O Stand de Público é un espazo ideado por María Yáñez e Illa Bufarda para escoitar a voz do público e coñecer os gustos, hábitos e preferencias das persoas que viven e consumen a cultura galega. Polo pequeno set de televisión portátil instalado no corredor principal da Feira das Industrias Culturais 2012 pasaron unha morea de persoas, que deixaron un mosaico de impresións sobre a cultura galega, poñendo en relevancia o papel activo do público consumidor de cultura. Algún mesmo se atreveu a recitar un poema ou cantar un anaco da súa canción favorita.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…