Isabel e Miguel foron os encargados de representar ao Concello de Redondela tras ser os gañadores do concurso de redación sobre a Constitución de 1978. Andrés Laxe acompañou a estes rapaces ao programa " Hola Chicos"

No día seis de decembro de 2012 celebrouse o 34 aniversário da Constitución española. A muitos encheráselle a voca e o peito falando das bondadades da Carta Magna, da Lei de Leis..., de tódolos progresos que temos alcanzado gracias a Constitución de 1978. Nós tamen o creíamos así en 1985 e por eso andábamos facendo cousas como as que mostra este video; concursos de redación entre os escolares do Concello sobre a Constitución para que as novas xeracións fosen conscientes dos dereitos e debebres que deberían asumir no seu día para ser bos cidadáns.
Non negamos o progreso das últimas tres décadas, pero polo esforzo empeño e sacrificio dos de sempre,dos que traballan e producen béns e riquezas.
En moitos casos a Constitución ten servido para limitarnos e coartarnos máis que para defendernos, por ser,en parte, un texto absoleto e polas interpretacións perversas e interesadas que fan dela os seus administradores. Pensamos, pois, que en muitos casos esta norma máxima de 1978 pola que se deben rexir tanto o goberno coma os cidadáns, tén valido para frustar máis que para desenrolar. Pola súa ambigüedade, hoxe sería posible que a vista deste video, desde algúns sitios, algúns nos acusasen de instigadores separatistas.
Quédanos o traballo e a fe en nós mesmos, ata que os tempos sexan chegados.''

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…