Audio-Acción do Colectivo Escoitar.org para o Festival Coiro de Pita de Porriño (2ª Edición, xuño 2009). Na acción rexístranse algúns dos sons propios da vila e denúncianse publicamente outros que contaminan acusticamente a contorna, como o paso do tren polo medio da vila (cunha presión acústica de 96.7 dB) ou o son da matanza de porcos na Fábrica Louriño/Frigolouro, que sacrifica 400 porcos diarios durante as 24 horas do día (o son da agonía dos animais chega a toda a vila).
O Audio-Acción foi dirixida por Chiu Longina e participaron nela: Keka Losada, Javier Lago, Pablo Alonso, Ariana Flores, Antía Fernández e Hermi Basalo. A coordinación foi de Irene Moreira e Jorge Bolado.
Con esta Audio-Acción pretendeuse defender o son ambiental como unha posible vía de coñecemento da realidade local, para elo colaborouse coa emisora local Onda Cero na que Luis Cerdeira (locutor e xornalista) entrevistou a Chiu Longina e Irene Moreira.
+INFO
escoitar.org/Escoitar-org-no-Festival-Coiro-de
alg-a.org/Escoitar-org-no-Festival-Coiro-de
FOTOS
flickr.com/photos/chiulongina/sets/72157620737021922/