#recitandocelsoemilio o 12/12/2012 ás 12:00 na EOI co meu alumnado de Básico procedente de Ribeira, Valladolid, Tenerife, Mallorca, Francia, México, das Filipinas e do Xapón...

A todas elas e eles moitas grazas por quererlle ao galego, por aprenderen a nosa lingua e polo que nos aprenden co seu exemplo (Esperanza Moreiras).

O alumnado de galego da EOI participa nunha acción colectiva promovida desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) para renderlle homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento, unha acción de carácter colectivo que simbolize toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Loading more stuff…

Hmm…it looks like things are taking a while to load. Try again?

Loading videos…