1. A Cidade da Cultura acolleu en febreiro de 2012 un encontro sobre os lazos que se poden establecer entre o sector cultural e o capital público e privado doutros sectores, o I Encontro Economía e Cultura. A modo de petisco, a organización do encontro amosou no Foro Culturgal 2011 un caso de colaboración exitosa, o proxecto Rías baixas, territorio gastronómico que o estudo Uqui|||cebra desenvolveu para a Deputación de Pontevedra e no que conflúen cultura, territorio, imaxe, turismo, fotografía, deseño, gastronomía… ao servizo dun territorio. Falaron do proxecto os seus protagonistas: a deseñadora Uqui Permui e os cociñeiros Pepe Solla e Pepe Vieira (membros do grupo Nove). O mestre de cerimonias foi Marcos Lorenzo, axente promotor do encontro.

    # vimeo.com/44301361 Uploaded 24 Plays 0 Comments
  2. Ferdinand Richard é un pioneiro na innovación cultural. Hai 25 anos fundou o centro A.M.I. en Marsella e dende entón está involucrado en numerosas iniciativas de desenvolvemento local. O seu traballo vese fortalecido coa colaboración a través de redes internacionais, como a comisión Agenda 21 for Culture da UCLG (United Cities and Local Governments). Richard ofreceu a conferencia inaugural do Foro Culturgal 2011, achegando a súa experiencia no desenvolvemento de propostas empresariais e culturais cunha especial relación co territorio e, ao mesmo tempo, amosando metodoloxías e oportunidades para a creación e a financiamento de redes como Sostenuto, un proxecto Interreg da UE que promove a importancia das iniciativas culturais como motor innovador das economías rexionais.

    # vimeo.com/43807440 Uploaded 6 Plays 0 Comments
  3. Contruíndo relacións entre marcas e patrocinios. O punto onde gañamos todos. Conferencia e reflexións do Foro Culturgal 2011.

    As marcas buscan contidos que as acheguen ao público e as industrias culturais buscan clientes privados. A resposta está no branded content, na busca de sinerxias reais entre marcas e contidos. Que lles pode ofrecer a industria musical ás grandes marcas? E a audiovisual? Que buscan as marcas nas industrias creativas? Roberto Carreras e Juan Paz contestan estas e outras preguntas que poden axudar a construír pontes entre a cultura e as marcas comerciais.

    Juan Paz é brand manager de 1906 (Estrella Galicia), ademais dun apaixoado do jazz. Roberto Carreras é socio fundador de Novaemusik, empresa de xestión e desenvolvemento de novos modelos de negocio na industria musical, ademáis de profesor universitario e experto consultor de comunicación, márketing e estratexia online, campo no que sobre todo ten colaborado con grandes compañías. Entre outros proxectos, Carreras é o responsable de El Plan B, o exitoso caso de branded content que uniu os pasos de Carlos Jean e Ballantines.

    # vimeo.com/39843814 Uploaded 16 Plays 0 Comments
  4. Cristina Fuentes, directora internacional de Hay Festival para España e Latinoamérica; Luís Fernandes, coordinador xeral da asociación D`Orfeu de Águeda; e Julio Gómez, un dos responsables da empresa galega Sinsalaudio, compartiron coas persoas asistentes ao Foro Culturgal algunhas claves sobre proxectos culturais cunha especial relación con espazos singulares, co territorio e coa cidadanía. Fixérono baseándose na súa propia experiencia en proxectos nados en territorios periféricos, lonxe dos grandes núcleos urbanos, que conseguiron converterse en axentes dinamizadores e que, ademais, actúan como foco de proxeción exterior dos seus territorios, grazas ao prestixio das súas propostas. A sesión seguiu o das charlas de 18 minutos ideadas pola organización sen ánimo de lucro TED, adicada a inspirar e a difundir ideas a través da rede.

    http://www.hayfestival.com | http://www.dorfeu.pt | http://www.sinsalaudio.org | http://www.tedxgalicia.com

    # vimeo.com/39700211 Uploaded 21 Plays 0 Comments
  5. # vimeo.com/44417976 Uploaded 4 Plays 0 Comments

Foro Culturgal 2011

Culturgal

O Foro Culturgal é un espazo de experimentación colectiva pensado para que os distintos sectores da industria cultural compartan de xeito activo as súas experiencias e expectativas fronte ao momento crucial que vive o sector e tracen estratexias de futuro…


+ More

O Foro Culturgal é un espazo de experimentación colectiva pensado para que os distintos sectores da industria cultural compartan de xeito activo as súas experiencias e expectativas fronte ao momento crucial que vive o sector e tracen estratexias de futuro que lles permitan unir as súas forzas alá onde sexa posible.

El Foro Culturgal es un espacio de experimentación colectiva pensado para que los distintos sectores de la industria cultural compartan de manera activa sus experiencias y expectativas frente al punto crucial que vive el sector y tracen estrategias de futuro que les permitan unir sus fuerzas allá donde sea posible.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.