Como aseguran as testemuñas de máis idade e algún documento histórico , o antroido da Bandeira é a festa máis antiga da nosa localidade.
De diversas influencias, aínda que as súas máis fortes raíces abrollan na Europa campesiña e medieval, por tanto tamén en Galicia, o entroido é hoxe festexado en diversos lugares do mundo. Nese sentido podemos dicir que se trata da nosa festa máis universal. E quizais sexa a máis singular, pois, dentro da extensa diversidade dos entroidos galegos, os do Ulla, cos seus xenerais, brillan con intensa personalidade propia sendo na zona da Ulla no único sitio do mundo que existe estas figuras do entroido donde personifican a unión das parroquias e resaltan o rural do noso país.
Velaí o antroido da Bandeira, manifestando un especial esplendor desde a orixinalidade do pobo que crea cousas novas bebendo da tradición, aporta trazos singulares á peculiar fasquía que debuxan as constelacións do antroido do Ulla e do carnaval galego no universo entroideiro todo.
A Asoc. Cultural Xenerais do antroido da Bandeira hónrase en seguir mantendo viva esta tradición, co cal pretendemos facer una humilde homenaxe ás nosas ancestrais xentes da Bandeira e a súa contorna ou de máis lonxe que, coa súa participación e colaboración, axulladaron a lle dar creatividade e empuxe o Antroido da Bandeira. Serva tamén como lembranza e posíbel bebedoiro de ideas para o futuro.
Asoc. Cultural Xenerais do Antroido da Bandeira.

# vimeo.com/38218069 Uploaded 63 Plays 0 Comments

Xenerais da Ulla

Xenerais da Bandeira

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.