1. Fai un milleiro de anos os antigos Maias sinalaron o ano 2012 coma unha data clave na historia.
    ¡Non te perdas a Gala de entrega de Premio do Festival Audiovisual OLLOBOI 2012!
    O Venres 22 ás 9 da noite na Casa da Cultura de Boiro.
    Tonhito de Poi. Luís Avilés. Miguel de Lira. Agustín Agra.
    Máis información en http://www.olloboi.com

    Uploaded 8 Plays 0 Comments
  2. Videoarte de Pedro Campos, alumno de 2º de Bacharelato no IES Praia Barraña de Boiro.

    Lectura por él mesmo do seu relato "Cando les un deses libros"

    Montaxe con diferentes Imaxes collidas da película "2001: Unha odisea no espazo" e as cancións "And gods made love" e "Little Wing" de Jimi Hendrix, "Shadow" de Brian Eno, "The heavenly music corporation" de Eno&Fripp, "Drem Brother" de Jeff Buckley e "Let there be light" de Mike Oldfield.

    Remesturado e editado por Pedro Campos.

    Boiro, Maio 2012

    ________________

    Cando les un deses libros…

    If the doors of perception were cleansed everything would appear to man as it is: infinite
    William Blake

    Unha paisaxe chea de verbas esotéricas poden facer que te sintas confuso… perdido na brétema un día á noite; contraditorio?...

    Acta xudicial: “suxeito acusado de intentar influír no pensamento das persoas dicindo que hai outra realidade detrás dun muro(¿?) que el mesmo fixo que se convertera en labaradas.”

    Cando te preguntas se a ilusión e a realidade son sinónimos, voltas a ese estado de perplexidade que te leva á caótica barafunda do mundo intelixible rexido por todo o que lle faltaba por saber ao Sr. Tóseca, e que nunca ninguén chegará a saber… ou a comprender. De todos xeitos comprender algo que vén doutro mundo entendo que poida resultar complicado incluso para algunha parte do noso corpo que xa o sabía…

    Parte médico: “confusión absoluta, euforia, analxesia, alucinacións visuais e auditivas, notable dilatación das pupilas, diminución da presión arterial. admírase por movementos e demais a sensación da perda de peso, visión agrandada dos obxectos e alteración na percepción espazo -temporal, o paciente está totalmente fóra de si.”

    Os pensamentos vólvense difusos e acabas de queimar o muro, descobres o ilusoria que era a túa realidade; enxergas a verdadeira veracidade, que non é máis que outra ilusión ficticia na que atopas algo máis que as sombras que che ataban á ignorancia, o único tanxible no seu palangre. E agora abres ese libro que te agarda ao final do dédalo paisaxístico; o único labirinto que conduce ao arroubo. Xa non hai límites para ti, e o ruín da vida atópase nunha caixa imposible de abrir, inviable de percibir, facéndoche pensar que aínda queda algo por pasárseche de longo, de algo que remata ou dalgún sentimento, orixe, razón ou sentido que a ninguén lle importa. Son cousas do traxecto… ou do momento tal vez; tamén son continuas escusas para manterse de pé. Pero agora xa non serve ningún pretexto e sería un chiste levantarse porque volverías a caer cantas veces o intentases.

    Condena a morte…

    Sube ao coche.

    (…)

    Dixen que subas ao coche!

    (…)

    E recordei moitas cousas cando meteu primeira… todos os anos que pasaron mentres nadaba neste océano que fai vello e que obriga a facer o que queren, coa condena de ter ese ruído de reloxo que leva este universo mecánico á perfección absoluta… por iso sabía que ías meter segunda; (polo tac tic mailo cuco… cuuu, cuuuuuu… )terceira e quinta… pasando pola cuarta, que fala de moitas cousas… do meu, do noso do que acontece se pasa iso ou aquilo… a cuarta… para min un poema, un poema da vida ao que chamaría Ohil Neshla…

    E por fin chegou a sexta, nesta autovía 2001 do estado con numerosos sinais confusos, cores e espirais, unha odisea no espazo mirando cara a man aberta, suxeitando o destino… ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito, ata o infinito,ata o infinito…

    Sabor amargo. Sentín correr a brea polas veas como se das rías se tratasen; todo remata, este mundo ilícito e mórbido déixame sen condolencia e agarda a que me arrepinta de xeonllos ou proteste como outros. Pero NON. Só quedan na miña vida os coñecementos e os recordos desa canción feiticeira leda e eterna… mentres todo dá voltas en perfectas circunferencias sen sentido…

    Este, é o fin;
    belido amigo…
    este é o final,
    meu único amigo,
    o final.
    (The Doors)

    PEDRO CAMPOS

    # vimeo.com/43137946 Uploaded 1,041 Plays 0 Comments
  3. # vimeo.com/39914435 Uploaded 40 Plays 0 Comments
  4. Traballos presentados ó Concurso de Debuxo celebrado no IES Praia Barraña de Boiro baixo o concerto do Proxecto Comenius "Energy for Tomorrow"

    # vimeo.com/38199847 Uploaded 18 Plays 0 Comments
  5. # vimeo.com/35894601 Uploaded 32 Plays 0 Comments

BACHERELATO DE ARTES-BOIRO

Pascual Vidal

Vídeos interesantes para as asignaturas de artes.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.