1. O sistema educativo en mans das grandes organización internacionais do capital: OCDE, FMI…

    A pasada semana aparecía nas axencias de prensa a proposta do grupo parlamentario popular no Congreso dos deputados coa que os conservadores instaban ao ministro de educación, o afamado tertuliano José Ignacio Wert , a introducir no currículo d@s estudantes materias relacionadas con determinadas prácticas económicas como a inversión dos aforros en fondos de garantía ou a cotización mediante fondos privados de pensións. Unha iniciativa que segundo os populares busca “educar” ás novas xeracións no proceloso mundo das estafas financeiras afirmando ademais que este é o camiño “máis axeitado” para evitar acontecementos como o das preferentes vendidas a xente sen experiencia ningunha nestas materias...(...)

    Ver o relatorio íntegro arredor da LOMCE en: http://anovavigo.wordpress.com/a-lomce/

    # vimeo.com/58443371 Uploaded 4 Plays 0 Comments
  2. 9 de maio: tod@s contra a LOMCE!!! tod@ contra a política do ministro Wert!!!
    A estas alturas, que a Lei de educación que prepara o ministro Wert é una lei reaccionaria, mercantilista, que pretende a marxinación das clases populares, é ben coñecido da comunidade escolar.
    Nestas mesmas páxinas, xa hai uns meses, fixemos una disección do que representaba a LOMCE coa axuda de Jurjo Torres, Mariló Candedo e Xoan Costa. Puñamos de manifestó xa daquela, as características da doctrina neoliberal para a educación. (eiqui tedes que meter un enlace aos artigos e aos videos)
    Hoxe, día 9 de maio, celébrase una xornada de loita en todo o sector educativo, implicando ás organizaciónns estudantís, ás organizaciónns sindicais de profesores e profesoras, e as asociaciónns de nais epais. Hoxe non fallaba ninguén.
    Quixemos facer un seguimento da xornada dende á mañá.
    Con ese obxecto acudimos ao Colexio Doutor Fleming, onde a ANPA reunía a alumnos e alumnas, país e nais xunto con docentes, para iniciar una marcha dirixida hacia o próximo colexio de Vilalaura, onde tamén a ANPA dese centro, reunía a un continxente representativo.
    Dende alí, a pequeña manifestación, foi hacia o IES “ O Castro” .
    Nos tres centros, os directivos das ANPA respectivas, entregaron una carta aos equipos directivos, xustificando a súa actitude rebelde fronte aos plans do Partido Popular.
    Tocou logo una leda ascensión polar úa de Arines ate as abas do monte do Castro, para descender hacia a Praza dos Cabalos, onde se producía a concentración de todos os colectivos de Vigo, para avantar xa xuntos hacia a Porta do Sol.
    A manifestación, moi concorrida, foi sobre todo moza, leda e chea de gañas de parar a LOMCE, de parar a Wert.
    Así si que podemos¡¡¡¡
    Ler mais da LOMCE: http://anovavigo.wordpress.com/a-lomce/

    # vimeo.com/65867371 Uploaded 9 Plays 0 Comments

Educación

Anova Vigo

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.