1. Conferencia inaugural da VI Xornada dos Clubs de Lectura. Santiago de Compostela, 31/05/2013. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto dos programas de bibliotecas escolares e fomento da lectura, coa asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura nos centros de ensino non universitario de Galicia.

    # vimeo.com/68290200 Uploaded 979 Plays 0 Comments
  2. Mesa de experiencias na que se trata de demostrar que "participar nun club de lectura serve para adquirir competencias imprescindibles", na VI Xornada dos Clubs de lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interveñen:
    - Begoña Valdés, coordinadora do club de lectura do IES Ramón Otero Pedrayo, de A Coruña
    - Julio Abaled, coordinador do club de lectura do IES Ribeira do Louro, de O Porriño
    - Almudena Platero, coordinadora do club do IES Xesús Ferro Couselo, de Ourense
    - Delio Chao, coordinador do club de lectura do CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo)

    # vimeo.com/68521436 Uploaded 660 Plays 0 Comments
  3. Intervención de Xosé R. Lois, sobre lectura social e redes sociais ao servizo da lectura, responsable da páxina de Redelibros, a Rede social galega do libro. VI Xornada de Clubs de lectura, en Compostela, o 31 de maio de 2013.

    # vimeo.com/68534352 Uploaded 34 Plays 0 Comments
  4. Intervención de Marcos Calveiro como peche final da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela, o 31 de maio de 2013.

    # vimeo.com/68544831 Uploaded 99 Plays 0 Comments
  5. Vídeo resume da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013, con asistencia do profesorado que coordinou durante o curso 2012/2013 os clubs de lectura existentes en 222 centros educativos de ensino secundario de Galicia; clubs que acollen varios grupos de lectura e que, en conxunto, reúnen a unhas 7.000 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. Ademais dunha mesa de experiencias e de reunións dos participantes en función de catro temáticas diferentes (a lectura social, a lusofonía e as linguas nos clubs de lectura; a lectura, os valores e o voluntariado cultural; os recursos dixitais ao servizo da lectura), tamén interviron a profesora valenciana Gemma LLuch, especialista en literatura infantil e xuvenil e estudosa do fenómeno da lectura), Xosé R. Lois, un dos responsables de Redelibros, a rede social galega do libro, e o escritor Marcos Calveiro. Cándido Pazó puxo o punto final a esta xornada.

    # vimeo.com/69152852 Uploaded 346 Plays 0 Comments

VI Xornada dos Clubs de Lectura

Vídeos das diferentes sesións da VI Xornada dos clubs de lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2012, con asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura en funcionamento nos centros de ensino non universitario de Galicia.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.