1. Mentras Cedeira ía despedindo o Samain logo de moita choiva e un sábado cinzento que termou do tempo sen chover, ás 16h anuncíabase grande preamar con temporal. Decidimos coller a cámara, arremangarnos e mostrarvos como se desfai a praia en tempo real, como a preamar foi traballando o areal entre o sábado e o domingo. Fixemos unha escolla entre todo o material rodado, tomas todas elas moi semellantes porque tratábase de apañar derrubamentos grandes, mais era dificil pillalos, apuntabas cara unha parte do noiro e esbordallaba polo outro, no medio das arrotas.

    O material rexistrado permite vermos caer un cacho e demostra a hipótese de que non por moito achaiar o noiro se atalla o problema; o mar escarabella abaixo de todo, e aos poucos vai acabando coa parede de area. Porén, só até unha liña máxima de altura. O noiro fai moito mal pois ao esfarelar amplia a esplanada do mar onde antes había máis degrau.

    Agora é cando se deberían pór parapeitos provisorios con sacos de area (sand bag structures) seguindo a evidencia científica dispoñibel[ver:A guide to managing coastal erosion in beach/dune systems. Scottish Natural Heritage]. En Escocia teñen aplicado este sistema porque comprobaron que entullar con area para amortecer a forza do mar non servía para nada.

    Fai uns meses defendimos nas páxinas de Olláparo [ver: Praia da Madalena:pensar amodo, actuar axiña[2] ] ]unha primeira intervención de choque barata baseada na amoreamento de sacos de area na parte alta, onde só chegan as mareas vivas e os temporais, de xeito provisorio mentres non se fai o que se debería ter feito hai tempo. Este tipo de intervencións ofrece a curto prazo unha provisoria liña de defensa a baixo custo e con materiais locais como a propia area.

    Perante o manifesto desleixo dos gobernos de Cedeira e da Xunta, mesmo cunha versión artesanal e investimento
    Só faría falta que se autoorganizara un pequeno grupo de persoas voluntarias nos traballos de colocación de sacos, coma os veciños do Pindo que se veñen de organizar ante o desleixo e caos da Xunta. Permitiría minimizar a erosión a baixo custo e con impacto ambiental mínimo e gañaríase tempo para estudar a xestión e unha intervención a medida e duradoira para o caso da Madalena. O traballo debería ser planificado e programado para limitar os danos aos ecosistemas. Os sacos preventivos minimizarían o impacto e permitirían deseñar un plan de recuperación ad hoc para poder executalo contra da primavera (execución, limpeza e saneamento). Cómpre evitar que a area do noiro artificial acabe na ría.

    O que as imaxes mostran é unha situación dramática que se repite, con gran impacto ambiental e económico e degradación da paisaxe.

    # vimeo.com/78524116 Uploaded 2,020 Plays 0 Comments
  2. Vídeo da concentración cívica e MANIFESTO a prol da PRAIA DA MADALENA DE CEDEIRA. 17.04.2014. Convocaron a Asocación para a defensa ecolóxica de Galiza (Adega) e SomosCedeira, participando activamente partidos e organizacións como ANOVA, BNG, Esquerda Unida, Galiza Nova e xente de Cedeira e de fóra comprometidos coa protección dos nosos espazos naturais.

    # vimeo.com/92380045 Uploaded 544 Plays 0 Comments

Cedeira Denuncia

Somos Cedeira

Aquí teremos unha escolma de videos denuncia sobre o abandono e desleixo que padece a nosa vila, Cedeira. Quén pretenda desacreditar estas iniciativas coas trapalladas de sempre, perde o tempo: ESTAMOS A PROL do progreso de Cedeira, éste é o obxectivo.…


+ More

Aquí teremos unha escolma de videos denuncia sobre o abandono e desleixo que padece a nosa vila, Cedeira. Quén pretenda desacreditar estas iniciativas coas trapalladas de sempre, perde o tempo: ESTAMOS A PROL do progreso de Cedeira, éste é o obxectivo. Ollada as bases en somoscedeira.wordpress.com

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.