Análise quinésica

Bueno, vouche contar unha historia que... lle aconteceu a unha xente que coñecín cando vivía en Compostela. O caso é que, bueno, é unha historia de... de dous rapaces, que eles vivían de noite, non? Un... traballaban nunha discoteca... e entonces o que facían era... [pola ma... o que era]... pola noite levantábanse a iso das oito ou nove da noite, almorzaban, e... [sa] e... arreglábanse para ir a traballar de noite á discoteca, estaban na na discoteca hasta as cinco da mañá, despois eles seguían de marcha hasta iso das nove ou dez da mañá, e... ían a un bar a comer o seu bocata de zorza i dispós volvían para a casa i volvían a dormir, e así este ciclo repetíase día tras día todos os días da semana e... menos o... luns, que o luns para o martes descansaban, non? O caso é que... un día nesta vida nocturna (un día) un dos rapaces díxolle ao seu compañeiro: - Ei, que, noto como que a miña mandíbula se move. Parece que me caen os dentes. Non sei que me pasa... no? Teño esa sensación de que caen os dentes. E o seu compañeiro lle dixo: - Jo, eu tamén teño (esta) esta mesma sensación. E téñoa desde hai unha semana, máis ou menos. Ti? - Eu tamén. Desde hai unha semana. Non sei que pasa. O caso é que decidiron ir ao médico, no? porque estaban así un pouco inquietos. E o médico, bueno, flipou un poquiño porque, cando chegou, cando chegaron e lle contaron o que lle estaba pasando e lle fixo, pois unha revisión i tal, o médico díxolle: - Nunca, nos meus vinte anos de... de traballo como médico vin esta enfermidade. Pensei que xa estaba erradicada. É imposíbel que no século XX, a [no sé...] a principios do século XXI, haxa xente que poida ter, no mundo occidental, esta enfermidade. Non o poido crer. Non o poido crer. E a verdade é que, claro, estas palabras do médico... puxeron un pouco nerviosos a estes rapaces porque era como... - Que pasa? Que pasa? Temos unha enfermidade rara. Que...? Que pasa? Que pasa? E o médico empezoulle a preguntar: - Bueno, a ver, vós que tipo de vida levades? - Bueno, non, é que nós é que traballamos de noite. Traballamos nunha discoteca. - Vale: Que bebedes? - Bueno... bebemos bastante cocacola con ron e, claro, cubatas i tal. - Vale: i que comedes? - Bueno, comemos bastante... bastante... carne, xeralmente un dos nosos platos favoritos é bocata, un bocadillo con zorza. - I nunca bebedes algo de zumo? - No, a verdade é que no, só bebemos... claro bebemos moito cubata, a verdade é que zumos non é... non é a nosa bebida favorita. - Pois mirade, vós o que tedes é escorbuto, principios de escorbuto, que é unha... é esa enfermidade que matou os mariñeiros (da, do...) dos barcos de Colón cando viaxaba a América ou mataba tamén os presos, nas cadeas, cando estaban e... presos, pois por exemplo na época de Franco, na ditadura. Pero o increíble é que hoxe en día, no ano dous mil tres vós teñades os principios de escorbuto... Só con tomarvos un cubata con zumo de... con cas de laranxa teriades o suficiente zumo e suficientes vitaminas como para poder... para que o voso corpo non teñades esta enfermidade. E así foi como estes dous rapaces pasaron de beber cubatas con cocacola... a beber cubatas con fanta limón.

# vimeo.com/107201428 Uploaded 35 Plays 0 Comments

Follow

Análise quinésica

Galicisch Lektor

É unha canle para pór vídeos cos que traballo a miña análise quinésica.

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Browse This Channel

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.