1. En 1830, John Henslow introduciu ao seu discípulo Charles Darwin no fascinante mundo dos polimorfismos florais. Concretamente presentoulle o caso dalgunhas especies de plantas hermafroditas que teñen dúas formas florais que difiren na altura e disposición das estruturas sexuais femininas: os pistilos. Nunha forma floral, os estigmas encóntranse localizados por enriba das estruturas masculinas (os estames), mentres que na forma oposta, os estigmas se encontran localizados debaixo dos estames.
    Tratar de descifrar a orixe e as consecuencias deste fascinante mecanismo reprodutivo que presentan algunhas especies de plantas contribuíu, sen dúbida, a modelar ese carácter curioso e crítico que levou ao mozo Darwin a formular anos máis tarde a súa hipótese da Selección Natural.
    Dende entón, unha pléiade de investigadores seguen tratando de descifrar os misterios que rodean a este refinado mecanismo reprodutivo.
    Neste vídeo explícase en que consiste a Heterostilia: un polimorfismo floral que atraeu a atención de Darwin ata o punto de que dedicou un libro ao seu estudo. No vídeo faise un repaso contestando ás preguntas de ¿Qué é?, ¿Para que serve? ¿Cómo se orixina? o ¿Cómo se pode estudar?
    A heterostilia é un polimorfismo consistente na presenza de dous ou tres formas florais dentro dunha mesma especie de planta. As vantaxes deste sistema de reprodución, así como a súa orixe son temas de controversia científica. No vídeo explícanse as achegas que fixo neste tópico o Grupo de Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo (webs.uvigo.es/plantecology/)

    # vimeo.com/59896968 Uploaded
  2. As invasións biolóxicas son unha das principais ameazas ás que se enfrontan os ecosistemas na actualidade. Os seus efectos pódense manifestar en moitos sentidos. Pero, ata o momento, hai un gran descoñecemento acerca das consecuencias, ecolóxicas e evolutivas, que poden ter os procesos de invasión biolóxica. Neste vídeo preséntanse os resultados dun proxecto de investigación conxunto realizado por investigadores da Universidade de Coimbra (Portugal) e da Universidade de Vigo (España) no que se tratou de aclarar os patróns que gobernan os procesos de invasión biolóxica. Para isto, os investigadorse traballaron coa especie de pranta orixinaria de Sudáfrica, Oxalis pes-caprae, que na actualidade compórtase como invasora en todos os ecosistemas de clima mediterráneo do planeta.
    Este vídeo conta co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, para a producción de contidos audiovisuais docentes en galego.

    divulgare.net
    anl.uvigo.es/

    # vimeo.com/100332575 Uploaded
  3. Mediante este video de animación 3D INTECMAR, en colaboración co laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo, mostran as vantaxes da utilización de boias de deriva para realizar o seguemento de manchas de vertidos mariños.

    Este video foi realizado co interés de divulgar parte do traballo que o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) está a realizar no proxecto DRIFTER. Nel mçostranse as vantaxes de utilizar esta tecnoloxía para realizar o seguemento dos vertidos contaminantes no mar, así como a importancia de colaborar con este tipo de proxectos.

    Este vídeo, que se presenta en HD 720p, foi creado para a súa utilización libre como material docente. Na medida do posible, o grupo Divulgare continuará añadindo máis vídeos similares.

    # vimeo.com/14058203 Uploaded
  4. Mediante este video de animación 3D o laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo pretenden mostrar cales son as causas e mecanismos polos que unha especie aparentemente estable no seu ecosistema natural pode converterse nunha “perigosa” especie invasora cando é desplazada a outra área xeográfica. Móstranse ademáis algunhas das consecuencias que este fenómeno pode ter sobre os ecosistemas e infraestructuras do ambiente que colonizan. Isto o mostran cun dos exemplos máis paradigmáticos de invasión biolóxica en España: o mexillón cebra (Dreissena polymorpha).

    Este vídeo, que se presenta en HD 720p, foi creado para a súa libre utilización coma material docente. Na medida do posible, o grupo Divulgare continuará añadindo máis videos similares.

    # vimeo.com/14291773 Uploaded
  5. Posidonia oceanica é unha planta acuática, endémica do Mar Mediterráneo, moi peculiar. Ten características similares as plantas terrestres, como raíces, talo rizomatoso e follas en cinta ata dun metro de longo. Florece baixo as augas e produce froitos que flotan.
    Pero o realmente interesante é que forma pradarías submarinas que acollen unha grande biodiversidade e teñen grande importancia ecolóxica. Por elo considéraselle un bo bioindicador da calidade das augas mariñas costeras.
    Aínda que no Parque Nacional do Archipélago de Cabrera as súas poboacións están protexidas, noutros puntos do Meditarráneo esta especie encóntrase en regresión. Este vídeo mostra a beleza destas pradarías, algúns dos problemas que as ameazan e a labor dos científicos e os xestores que protexen un dos tesouros máis valiosos dos nosos mares.
    Este vídeo financiouno o Organismo Autónomo Parques Nacionales e permítese a sua libre utilización como material docente respectando as licencias Creative Commons. Esta versión en galego foi producida co apoio da Xunta de Galicia.

    # vimeo.com/40446039 Uploaded

Ciencia en galego

Divulgare Plus

Ciencia en galego.

Browse This Channel

Shout Box

Heads up: the shoutbox will be retiring soon. It’s tired of working, and can’t wait to relax. You can still send a message to the channel owner, though!

Channels are a simple, beautiful way to showcase and watch videos. Browse more Channels.